

Os Servizos Sociais Comunitarios Básicos da Mancomunidade de Verín, levan en funcionamento dende o ano 1990. Con posterioridade, no ano 1992 iniciouse a área de Servizos Comunitarios Específicos dedicados á atención temerá.
Na actualidade, un equipo multidisplinar formado por expertos e expertas en traballo social, psicoloxía comunitaria, pedagoxía, logopedia e psicoloxía infanto-xuvenil, é o encargado de avaliar, diagnosticar e intervir tanto a persoas adultas como adolescentes, nenos ou familias que así o precisen.
Este equipo de profesionais desenvolven as súas funcións nos concellos asociados, así como nas oficinas destinadas a esta fin situadas en Galerías Portas de Madrid, Rúa Muralla en Verín.
Algúns dos servizos relacionados que estamos a ofrecer son os seguintes:
Servizos Comunitarios Básicos:
- Programa de información e orientación
- Programa de emerxencia social
- Programa de axuda no fogar
- Programa de educación familiar
- Avaliación e diagnóstico das necesidades da poboación
- Desenvolvemento e implantación de programas de intervención individual e/ou comunitario
COVID-19
O Equipo de profesionais dos Servizos Sociais da Mancomunidade de Verín, poñen a disposición da poboación, as RECOMENDACIÓNS do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia( COPG):
Axenda para adolescentes confinados
10 consellos psicolóxicos para coidarnos na emerxencia sanitaria polo COVID-19
Pautas de afrontamento para reducir o impacto psicoloxico
Información e recursos útiles para persoas maiores
Servizos Comunitarios Específicos- Atención Temperá:







COVID-19
O Servizo de Atención temperá da Mancomunidade, pon a disposición da poboación, as RECOMENDACIÓNS do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia:
10 consellos psicolóxicos para coidarnos na emerxencia sanitaria polo COVID-19
O Servizo de Atención Temperá da Mancomunidade de Verín ,segue mandando mensaxes de apoio, para ós nenos e nenas, durante o confinamento.


Se precisa máis información non dubide en poñerse en contacto con nós:
Dirección: Galerías Porta de Madrid 32600 Verín
Teléfono: 988.41.20.48
Correo electrónico:
Administración: administracion@mancoverin.es
Traballo Social: tsociales@mancoverin.es
Psicoloxía Comunitaria: psprimaria@mancoverin.es
Atención Temperá: a.tempera.verin@gmail.com
