Dende o ano 1996 a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín colabora de xeito activo no ámbito das Políticas Activas de Emprego. En conxunto co SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia), desenvolvemos actuacións nos ámbitos da orientación laboral, mellora na capacitación das persoas demandantes de emprego e traballadoras proporcionándolles formación e experiencia profesional.
O noso obxectivo e traballar en conxunto coas persoas da comarca para mellorar as posibilidades de acceder ao emprego por parte das persoas desempregadas, ou o acceso á educación para adaptar e actualizar os seus coñecementos e habilidades.
Coñece a oferta formativa 2018:
OFERTA FORMATIVA: CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 3
Algúns dos servizos relacionados con emprego e formación que estamos a ofrecer son os seguintes:
- O mercado laboral. Estatísticas e observatorios
- Recursos para a procura de emprego
- Recursos para o acceso a educación formal e non formal
- Competencias clave e certificados de profesionalidade
- Programa rexp (Recoñecemento da Experiencia Profesional)
- IPIS (Itinerarios Personalizados de Inserción)
- Apoio individualizado
- Procura de bolsas e outras axudas para a formación
- Transición laboral
- Información sobre subsidios do SEPE
- Orientación vocacional e profesional
- Programas e axudas para a contratación
- Emprendemento
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín funciona como Centro de Formación Ocupacional dende o ano 1991. Dispón de un centro de formación no que se imparten cursos AFD para o emprego de diferentes especialidades formativas.
O noso servizo colabora de xeito activo con empresas, organizacións non gobernamentais e institucións educativas para o desenvolvemento de talleres ou accións colectivas. Se están interesados na nosa colaboración non dubiden en poñerse en contacto con nós.
Dirección Rúa Cancelón, Nº1 Baixo, 32600 Verín
Teléfono: 988411314
Correo electrónico.: orientacion.laboral@mancoverin.es