O C.I.M. Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín é un centro recoñecido e acreditado pola Xunta de Galicia (segundo o DECRETO 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia).  

O centro ten carácter municipal e presta os servizos nos sete concellos que forman parte da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. 

Principios informadores e de actuación do centro: 

  • O respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do CIM.
  • O respecto á vontade das persoas usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
  • A prestación gratuíta de todos os servizos, que se ofertarán atendendo á vocación de servizo público.
  • Coordinación cos servizos sociais comunitarios e demais servizos municipais co obxecto de prestar unha mellor atención ás persoas usuarias e un exercicio máis eficaz das funcións propias do CIM.
  • A colaboración coas demais administracións públicas e, especialmente, co órgano competente en materia de igualdade da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Servizos que ofrece o C.I.M: 

  • Atención social 
  • Atención psicolóxica 
  • Atención legal 
  • Atención e orientación laboral 
  • Dinamización comunitaria (campañas de sensibilización, xornadas, programas de voluntariado etc.)

Funcións do C.I.M. da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín:

  • Asesoramento xurídico e atención psicolóxica especializada en violencia de xénero, doméstica e trata/explotación sexual. Dereito de familia.  
  • Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero e, de ser o caso, ás fillas, fillos e persoas menores ao cargo da muller vítima, ou maiores dependentes, facilitando o acceso aos recursos existentes na Comunidade Autónoma, incluíndo a xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que sexan oportunos.
  • Atención específica a mulleres en situación de especial vulnerabilidade co obxectivo de mellorar a súa situación persoal, social ou laboral.
  • Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
  • Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes e da necesidade da consecución de igualdade de dereitos e de integración social do colectivo LGTBI.
  • Atención e integración do colectivo LGTBI.
  • Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades, tanto no ámbito de xénero como para o colectivo LGTBI.
  • Realización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade, tanto no relacionado co xénero como coa temática da diversidade sexual.
  • Actuacións de dinamización levadas a cabo por persoas expertas en xénero e igualdade, cara á integración da perspectiva de xénero nos programas e actuacións que desenvolve a entidade local, así como o establecemento de canles de comunicación e colaboración con outros axentes presentes no territorio.
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de xénero ou por razón da identidade ou orientación sexual no ámbito da publicidade e nos medios de comunicación.
  • Fomento do asociacionismo e da participación comunitaria. 
  • Fomento do asociacionismo do colectivo LGTBI e de actividades encamiñadas á súa integración efectiva en todos os ámbitos da vida social e económica.
  • Calquera outra actividade que se adecúe ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade, sobre todo nos ámbitos laboral e social.

O C.I.M. da Mancomunidade de Verín promociona as súas actividades nas redes sociais @mancoverincim tanto en Instagram como en Facebook. 

C.I.M Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín 

Rúa Cancelón 1, baixo 32600 Verín – Ourense 

Teléfono: 988411314 / 988414600

Correo: cim@mancoverin.gal dinamizacioncim@gmail.com