Axudas de xuros en préstamos concedidos con fondos públicos
06/03/2025
Campaña Preventroido 2025
06/03/2025
Amosalo todo

PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E GANDARÍA E AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR239Q, MR240D, MR241C e MR241D).

Os procedementos administrativos que se regulan nesta orde son os seguintes:

a) MR250A. Pagamentos directos á agricultura e á gandaría, e axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (solicitude única).

b) MR239G. Cesión das axudas por cesión da explotación agraria (comunicación).

c) MR239K. Solicitude de modificación do Sistema de información xeográfica de parcelas (Sixpac).

d) MR239O. Recoñecemento como entidade colaboradora.

e) MR239Q. Incorporación de parcelas con utilización agrícola ao rexistro de parcelas non declarables na solicitude única de axudas PAC/DR.

f) MR240D. Solicitude de modificación da solicitude única.

g) MR241C. Solicitude de asignación de dereitos da reserva nacional.

h) MR241D. Comunicación de cesión de dereitos.

Axudas directas e axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control

1. Axudas directas á agricultura e á gandaría:

a) Axuda básica á renda para a sustentabilidade.

b) Axuda redistributiva complementaria á renda para a sustentabilidade.

c) Axuda complementaria á renda para persoas agricultoras mozas.

d) Réximes en favor do clima, o ambiente e o benestar animal (ecorréximes) de acordo coas seguintes prácticas:

– Pastoreo extensivo.

– Illas de biodiversidade en superficies de pastos ou sega sostible.

– Rotación de cultivos con especies mellorantes.

– Sementeira directa.

– Cuberta vexetal espontánea ou sementada.

– Cuberta inerte.

– Establecemento de illas de biodiversidade.

e) Axudas asociadas:

– Axuda asociada para as persoas gandeiras de vacún de carne en extensivo.

– Axuda asociada para a engorda de tenreiros na explotación de nacemento.

– Axuda asociada para a engorda sustentable de tenreiros.

– Axuda asociada para a produción sustentable de leite de vaca.

– Axuda asociada para as persoas gandeiras de ovino e cabrún de carne en extensivo e semiextensivo.

– Axuda asociada para a produción sustentable de leite de ovella e cabra.

– Axuda asociada para as persoas gandeiras de ovino e cabrún en extensivo sen pastos, que pastorean restrollos, barbeitos e restos hortofrutícolas.

– Axuda asociada á produción sustentable de proteínas de orixe vexetal.

– Axuda asociada ao oliveiral con dificultades específicas e alto valor ambiental.

Todas as axudas citadas anteriormente son financiadas integramente polo Feaga.

2. As axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (SIXC) son as seguintes:

– Medidas do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2022:

a) Medida 8. Investimentos no desenvolvemento de zonas forestais e mellora da viabilidade dos bosques.

• Submedida 8.10: prima anual de mantemento asociada ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, cofinanciadas nun 75 % co Feader.

• Submedida 8.20: prima anual de mantemento asociada ás axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas nun 75 % co Feader.

b) Medida 13. Pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas, cofinanciadas nun 75 % co Feader.

• Submedida 13.20: outras áreas con limitacións naturais.

– Intervencións do Plan estratéxico da PAC 2023-2027:

a) Intervención 6502.1. Compromisos forestais de xestión, cofinanciada nun 80 % co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

b) Intervención 6502.2. Compromisos de mantemento de forestación e sistemas agroforestais, cofinanciada nun 80 % co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

c) Intervención 65012. Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de cultivos sustentables, cofinanciada nun 80 % co Feader.

d) Intervención 65013. Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sustentable de pastos, cofinanciada nun 80 % co Feader.

e) Intervención 65014. Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Apicultura para a biodiversidade, cofinanciada nun 80 % co Feader.

f) Intervención 6503. Compromisos de xestión agroambientais en agricultura ecolóxica, cofinanciada nun 80 % co Feader:

– Liña: cultivos agrícolas ecolóxicos.

– Liña: viñedos para vinificación ecolóxica

– Liña: gandaría ecolóxica

– Liña: apicultura ecolóxica

g) Intervención 65051. Compromisos de conservación de recursos xenéticos cofinanciada nun 80 % co Feader.

h) Intervención 6613. Axudas a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas, cofinanciadas nun 65 % co Feader.

O prazo de presentación de solicitudes indícase na sede electrónica da Xunta incluíndo o código de prodecedemento correspondete.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250305/AnuncioG0426-260225-0001_gl.html
https://sede.xunta.gal/portada

Introducir o codigo correspondente no buscador da sede electronica.