PROGRAMA EMPRENDOU EN FEMININO
Subvencións da Deputación de Ourense para proxectos empresariais ou de autoemprego en réxime de concorrencia non competitiva en municipios rurais de menos de 10.000 habitantes da provincia de Ourense.
Requisitos dos beneficiarios e dos proxectos empresariais
1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas que, a partir do 8 de marzo de 2024, inicien a súa actividade empresarial ou profesional por conta propia nalgún dos municipios recollidos no anexo I sempre que cumpran ademais os seguintes requisitos, referidos á data de inicio da actividade subvencionable ou á data específica que se indica en cada caso:
a) Ser muller
b) Ser maior de 16 anos e menor de 30 anos de idade na data de inicio da actividade
c) Ter a nacionalidade española ou ser cidadá da Unión Europea ou dos estados parte do Acordo Económico Europeo ou de Suíza, ou ser estranxeiras titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
d) Estar dada de alta como residente no padrón dalgún dos municipios ourensáns elixibles recollidos no anexo I das presentes bases, na data de alta na actividade. O empadroamento nalgún dos municipios considerados “elixibles”, e que se recollen no anexo I destas bases, terá que manterse durante todo o período subvencionable. O centro de traballo da actividade terá que situarse igualmente nalgún dos municipios elixibles recollidos no anexo I.
e) Estar dada de alta na Seguridade Social en calquera réxime para o exercicio de actividades por conta propia, ou como colexiada en exercicio nunha mutualidade colexial.
f) Estar dada de alta para a actividade subvencionada no municipio elixible no censo de empresarias, profesionais e retenedoras da Axencia Estatal Tributaria, mediante o modelo común (modelo 036) ou simplificado (modelo 037)
2. Para os efectos destas bases, entenderanse incluídas como persoas beneficiarias as que, cumprindo os requisitos esixidos no apartado anterior, exerzan a súa actividade por conta propia, en sociedade civil, comunidade de bens ou entidade mercantil. Terán que solicitar o acceso a estas axudas a título individual. Quedan expresamente excluídas as persoas autónomas ou profesionais colexiadas cando a súa actividade se realice como socia traballadora nunha empresa de economía social (cooperativa de traballo asociado ou sociedade limitada laboral).
A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes consistirá nunha axuda económica cun importe fixo de 1134,00 €.
As solicitudes poderán presentarse ata o 30 de novembro de 2024, ou ata a finalización do crédito orzamentario.
Deputación de Ourense
Área de Benestar
Rúa Progreso 32
988317762