Axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas
28/12/2023
AXUDAS Á APICULTURA
09/01/2024
Amosalo todo

AXUDAS PARA OS INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS

AXUDAS PARA OS INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS

ORDE do 15 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2024 (código de procedemento MR340A).

Investimentos incentivables

1. Considéranse incentivables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación en que interveñan produtos non incluídos no anexo I do Tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade ou o valor económico total deles non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.

2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado). No caso de que estes produtos non estean incluídos no anexo I do Tratado e co obxecto de cumprir coa normativa europea sobre axudas do Estado, será de aplicación o establecido no artigo 14 (axudas rexionais ao investimento) do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

Os tipos de gasto incentivables son os seguintes:

a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor do 10 % do total dos gastos subvencionables.

b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

d) Os custos xerais vinculados ás letras a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das letras a), b) e c) anteriores.

5. Porén non serán sen embargo obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e actividades sinalados no anexo I desta orde.

O prazo de presentación de solicitudes para as subvencións desta convocatoria remata o 6 de febreiro de 2024.

O prazo de presentación da solicitudes de préstamos garantidos desta convocatoria finalizará o día 29 de marzo de 2024.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR340A&ano=2024&numpub=1&lang=es
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240105/AnuncioG0426-181223-0001_gl.html