ORDE do 13 de maio de 2019 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2019 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura.

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:

  1. a) Liña A. Prestar información e asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores.

1º. Contratación de técnicos e especialistas en apicultura para a información e asistencia técnica aos apicultores das agrupacións apícolas na sanidade apícola, loita contra agresores da colmea, así como o asesoramento global na produción.

2º. Organización e celebración de cursos e xornadas de formación de apicultores, formación continuada dos técnicos e especialistas das agrupacións e asociacións de apicultores.

3º. Sistemas de divulgación técnica, a través de folletos, catálogos e outras publicacións, así como de soportes audiovisuais e informáticos. Poderá subvencionarse ata o 90 % do seu custo.

  1. b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea, en particular contra a varroase.

1º. Adquisición de tratamentos quimioterápicos e/ou tratamentos compatibles coa apicultura ecolóxica contra a varroase, autorizados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios. Poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo, cun máximo de 4 euros por colmea, e co límite de 18.000 euros para o caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.

2º. Sobrealimentación das colmeas. Poderá subvencionarse ata o 50 % do seu custo co límite de 2 euros por colmea. Unicamente poderán optar a esta liña os apicultores beneficiarios da axuda recollida na liña B.1º anterior.

3º. Renovación e purificación de cera. Poderá subvencionarse ata o 50 % do seu custo, co límite de 4 euros por colmea. Unicamente poderán optar a esta liña os apicultores beneficiarios da axuda recollida na liña B.1º.

  1. c) Liña C. Racionalización da transhumancia.

1º. Adquisición, conservación e mellora dos medios de transporte. Material para o manexo das colmeas: guindastres, mallas de cobertura, cambio de colmeas para obter meles monoflorais, sistemas móbiles de extracción de mel e outros útiles e equipamento necesario para facilitar a transhumancia, a excepción de vehículos de transporte, combustible, produtos para a alimentación das abellas e cera. Poderá subvencionar ata o 70 % do seu custo.

2º. Sistemas de protección ou vixilancia antirroubo ou de xeolocalización integrados nos cadros das colmeas. Poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo.

3º. Mellora e acondicionamento de asentamentos, camiños e sendas. Serán subvencionables soportes para illar colmeas, traballos e utensilios de roza, peches portátiles para a protección dos asentamentos fronte a depredadores e aqueles outros que, a xuízo do órgano xestor, sexan compatibles con esta liña. Non será subvencionable a realización de traballos con maquinaria pesada para o movemento de terras. Poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo.

4º. Cota de subscrición de seguros de responsabilidade civil das colmeas, sempre que as pólizas non cubran garantías xa incluídas no sistema de seguros agrarios combinados. A esta liña poderán acollerse tamén os apicultores con colmeas estantes. Poderá subvencionarse ata o 50 % do seu custo cun límite de 0,5 euros por colmea asegurada.

  1. d) Liña E. Medidas de apoio á repoboación da poboación española.

1º. Cría de raíñas de razas autóctonas para reposición de baixas, sempre que se cubran as necesidades financeiras para asistir as solicitudes da medida anterior.

2º. Investimentos para a cría de raíñas (núcleos de fecundación, incubadoras, material para inseminación artificial de raíñas).

Para os 2 casos, poderá subvencionarse ata o 50 % do custo de actuación, cun límite máximo de 5 euros por colmea.

Beneficiarios e requisitos

  1. Poderán optar ás axudas previstas:
  2. a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  3. b) Cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, integradas por apicultores que cumpran os requisitos da letra a).
  4. Para poder acollerse ás ditas medidas da axuda, os apicultores, a título individual ou como integrantes dunha cooperativa ou organización representativa, deberán cumprir os seguintes requisitos:
  5. a) Estar inscrito no Rexistro Oficial Apícola da Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade ao primeiro de xaneiro do ano 2019.
  6. b) Ser titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso dos apicultores que soliciten a axuda a título individual, e con máis de 50, se solicitan axuda para realizar a transhumancia.
  7. c) Realizar polo menos un tratamento ao ano fronte á varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.
  8. d) Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.
  9. e) Cumprir as previsións contidas no Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.
  10. f) Ter realizada a declaración censual anual obrigatoria referida en 31 de decembro de 2018 antes do día 1 de marzo do ano en curso.

As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas polo seu titular.

  1. Para o caso das cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, para poder ser beneficiarias a solicitude de axuda deberá incluír, como mínimo, 1.500 colmeas.
  2. Un mesmo apicultor só poderá ser beneficiario de axuda por unha mesma actuación de forma única para cada unha das súas colmeas, ben a título individual, ben como integrante dunha cooperativa ou asociación ou agrupación de produtores. Non obstante, os apicultores incluídos na solicitude de axuda presentada por unha cooperativa, asociación ou agrupación de produtores, ben sexa para unha ou varias liñas de axuda, non poderán solicitar a axuda como integrante doutra cooperativa, asociación ou agrupación de produtores. De ser o caso, soamente se terá en conta ese apicultor na solicitude da asociación que o inclúa como beneficiario naquela liña de axuda que ocupe o primeiro lugar atendendo á orde de prelación que se establece no artigo 9.1 desta orde de axudas.

 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 25 de xuño de 2019.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR506A

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR506B

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190524/AnuncioG0426-140519-0001_gl.html