concellos

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín é unha entidade local integrada por sete concellos que son Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós con unha poboación actual de 25. 398 habitantes (fonte INE: Padrón Municipal de habitantes a 18/12/2015).

mancomunidade

A nosa entidade presta os seguintes servizos públicos:

  • Servizo de recadación voluntaria e executiva
  • Servizos sociais comunitarios básicos
  • Servizos sociais comunitarios específicos- atención temperá
  • Servizo de información e orientación para a procura de emprego
  • Servizo de emprego e desenvolvemento local
  • Servizo de formación ocupacional
  • Servizo de limpeza e conservación de vías locais con maquinaria e de incendios forestais
  • Servizo de recollida RSU e monomaterial de papel e cartón
  • Servizo de punto limpo