O C.I.M. da Mancomunidade de Verín ven de participar nun proxecto europeo Erasmus sobre “Resiliencia e trauma infantil e xuvenil”. O proxecto denominado “Builiding resilience” tivo lugar nas montañas de Fuzine, en Croacia dende o 9 ate o 16 de marzo, e reuniu a 27 participantes de países como Rumanía, Croacia, Serbia, España, Portugal, Eslovenia e Grecia. Todas as personas participantes no proxecto son expertos en saúde mental, pegagoxía terapéutica e educación, con inquedanzas específicas no apoio á menores que teñen pasado por situación traumáticas e que traballan en diferentes países en Europa. 

O proxecto, acollido pola entidade social Amazonas con sede en Zagreb, consistiu en traballar nos diferentes métodos de educación non-formal así como terapias “body based or somatic experiencing” que están tendo moi bos resultados, todas elas baseadas no traballo de grandes expertos como Stephen W. Porges, Bessel Van der Kolk e outros. 

O C.I.M. contou coa representación da súa directora e psicóloga, Lorena Álvarez, que ademáis de ser participante activa nos talleres, tamén representou o centro como entidade co-organizadora do proxecto, en representación dos cinco participantes elexidos de España. 

A terapia verbal non é suficiente para abordar o trauma na poboación moza 

O estrés crónico chega a facer moito dano a curto e longo prazo, transformando o cerebro das persoas e en especial das crianzas. A exposición de situacións percibidas como violentas e potencialmente perigosas causan estragos na saúde mental e as intervencións terapéuticas empregando soamente a fala non son suficientes. Deben entrar en xogo outras intervencións, dende o deporte, a natureza, a música, a arte, a danza e as conexións e o apoio social de toda a comunidade. Dende este prisma, o CIM da Mancomunidade de Verín presentou diferentes iniciativas que pretenden levar a cabo, coa finalidade de axudar ós seus usuarios a construir resiliencia nas súas vidas.

A intervención comunitaria como recurso de apoio imprescindible 

A educación non-formal é un recurso moi valioso para traballar a nivel comunitario, tanto dende servicios sociais como dende o CIM ou outras institucións educativas. No proxecto de formación tamén se abordou os recursos dos profesionais para facer fronte o trauma ó que estás expostos, así como estrés laboral que pode conducir a un burnout. 

O seguinte paso deste proxecto europeo é a implementación dos resultados acadados por estos profesionais nos seus países de orixe, e a contribución ben sexa na investigación sobre o tema do trauma e resiliencia ou na implementación de métodos de traballo innovadores. 

Dende o C.I.M. da Mancomunidade de Verín pretenden continuar activas nos proxectos da Comisión Europea, así como involucrar a xuventude da comarca na participación activa de programas educativos a nivel europeo. “Unha comunidade resiliente é unha comunidade unida e con sentimento de pertenza”.