RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PR937A).
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
- As persoas galegas e nacidas en Galicia.
- Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.
Requisitos
- Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
- Ter residido no estranxeiro e que a data do retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2023, incluído.
- Estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude.
- Residir nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Exercer a actividade empresarial ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).
- Ter o domicilio fiscal en Galicia.
Contía da subvención e compatibilidade de axudas
- Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e da súa descendencia que se establezan na Comunidade Autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 6.000 euros.
O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:
- a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.
- b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 3.000 euros.
O importe máximo da subvención concedida será de 10.000 euros.
- A obtención desta subvención é compatible con outras que polos mesmos conceptos poidan outorgar as administracións públicas.
- Soamente se poderá presentar unha única solicitude de axuda nesta convocatoria. No caso de que a persoa solicitante presentase outra solicitude de axuda, entenderase como válida a presentada no primeiro lugar segundo o asento de rexistro correspondente.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 7 de febreiro e rematará o 30 de setembro de 2025.
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR937A&ano=2025&numpub=1&lang=es
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250130/AnuncioG0767-030125-0002_gl.html