AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN EQUIPAMENTO

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos investimentos en equipamento en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408I).

Conceptos subvencionables:

Investimento en activos fixos tanxibles e intanxibles nos que incorra a empresa desde o 1 de xaneiro de 2024 e anteriores á data de solicitude, podendo tamén incluír investimentos que se realizarán con posterioridade á data de solicitude, ata o 10 de decembro de 2024.

  • Compra de maquinaria ou bens de equipamento.
  • Programas de implantación de solucións tecnolóxicas (software e hardware).
  1. Condicións:

O importe mínimo de custo subvencionable total deberá acadar 40.000 €.

Intensidade de axuda:

Concederase unha axuda do 40 % ata un máximo de 300.000 € para os custos subvencionables incorridos pola empresa durante o período subvencionable, que abarca desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o remate das actuacións propostas, que non deberá superar en ningún caso o 10 de decembro de 2024.

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de outubro de 2024

 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IG408I&ano=2024&numpub=1&lang=es

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240730/AnuncioO92-230724-0001_gl.html