Un club de hípica do Centro da Muller
O Centro de Información á Muller C.I.M. da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín promociona o seu Proxecto Respira no mes de xullo, unha aventura creada para as familias da comarca de Verín que acollerá a 28 participantes este ano e que estará totalmente subvencionado polo centro.
Esta aventura trátase dunha experiencia de convivencia e retos deportivos deseñados para once familias que requeriron da intervención social do centro da muller ou ben dos servizos sociais da comarca de Verín. Durante esta experiencia, os participantes ocuparán espazos ao aire libre no cal recibirán clases de hípica por formadores con ampla experiencia, hipoterapia, retos de psicomotricidade, dinámicas lúdicas de grupo para favorecer o desenvolvemento emocional, a educación entre iguais e experiencias de ocio de calidade, xa que teñen demostrado ser elementos fundamentais de resiliencia e superación persoal.
O centro da muller quere ofrecer experiencias positivas a estas familias como parte do proceso de recuperación e cambios que están a experimentar nas súas vidas. O que esperan a través desta experiencia e intercambio de vivencias é lograr o empoderamento da muller, mellorar o seu acceso á formación regrada, cursos de formación, emprego de calidade e por suposto, mellorar o seu estado físico e emocional. Dez profesionais especializados formarán parte deste proxecto, ademáis da participación activa do persoal do centro da muller e terá lugar durante o mes de xullo.
O Proxecto Respira é un proxecto promocionado polo CIM e subvencionado pola Secretaria Xeral de Igualdade e Política Social, con apoio dos Fondos Sociais Europeos.