AXUDAS Á APICULTURA

ORDE do 7 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR506A e MR506B)( réxime de concorrencia competitiva).

Finalidade das axudas

I) Intervención 1. Servizos de asesoramento, asistencia técnica, formación, información e intercambio de mellores prácticas, en particular mediante actividades de colaboración en redes, para apicultores/as e organizacións de apicultores/as.

II) Intervención 2. Investimentos en activos materiais e inmateriais, así como outras accións, incluídas as destinadas a:

Intervención 2.1. Loitar contra os invasores e as enfermidades das colmeas, en particular a varroose.

Intervención 2.2. Previr os danos ocasionados por fenómenos climáticos adversos e fomentar o desenvolvemento e a utilización de prácticas de xestión adaptadas a unhas condicións climáticas cambiantes.

Intervención 2.3. Repoboar as colmeas na Unión Europea, en particular mediante a cría de abellas.

Intervención 2.4. Racionalización da transhumancia.

Intervención 2.5. Investimentos en activos tanxibles e intanxibles.

III) Intervención 3. Actuacións para prestar axudas aos laboratorios no análise de produtos apícolas, a perda de abellas ou as caídas na produtividade, e de substancias potencialmente tóxicas para as abellas.

IV) Intervención 6. Promoción, comunicación e comercialización, incluídas accións e actividades de vixilancia do mercado destinadas, en particular, a sensibilizar aos consumidores sobre a calidade dos produtos apícolas.

V) Intervención 7. Actuacións para aumentar a calidade dos produtos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de febreiro de 2024

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240108/AnuncioG0426-071223-0003_gl.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR506A&ano=2024&numpub=1&lang=gl
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR506B&ano=2024&numpub=1&lang=gl