Actas valoración definitivas O.E. Mancomunidade de Verín 2023
22/11/2023
Curso Marketing y compraventa internacional
15/12/2023
Amosalo todo

Proxecto respira IV: terapia asistida con cabalos e moito máis

Proxecto respira IV: terapia asistida con cabalos e moito máis

Como cada ano, e imos pola cuarto ano consecutivo, implementamos dende o CIM o Proxecto Respira IV, un proxecto para as mulleres que sofren violencia de xénero e seus fillos e fillas. Un proxecto do CIM financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade e Cofinianciado polos Fondos Sociais Europeos.

Pero… que é o Proxecto Respira exactamente?
• Un espazo de ocio inclusivo para as mulleres e seus fillos/as
• Actividades ecuestres. Descubrir o mundo dos cabalos
• Curso de hípica
• Equinoterapia especializada no vínculo
• Saídas á natureza
• Actividades deportivas e retos en familia
• Empoderamento dende o deporte
• Hidroterapia
• Unha experiencia convivencial


E moito máis!

O proxecto está pensado para 10 mulleres e seus fillos e fillas, un total de 24 persoas participantes en total. Levouse a cabo no mes de setembro de 2023.

Un proxecto de intervención e terapia asistida con cabalos, e actividades e dinámicas deportivas deseñada para nais e seus fillos/as. Unha experiencia de convivencia única e transformadora.

Achegamos os folletos da actividade por se queredes coñecer máis.

 Proxecto de promoción e prevención da violencia de xénero (Secretaría Xeral de Igualdade). Cofinianciado polos Fondos Sociais Europeos.