O día 02 de outubro de 2023 deu comezo o Programa de Emprego “Mancomunidade de Verin VII”, promovido pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verin, subvencionado nun 40% por fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emrtego Estatal e cofinanciado pola Fondo Social Europeo Plus (FSE+) nun 60%.

Trátase dun programa mixto de formación e emprego que, como o seu predecesor P.E. Mocidade da Mancomunidade de Verin VI”, ten unha duración dun ano, finalizando o 1 de outubro de 2024.

16 mozos e mozas da nosa comarca terán a oportunidade de aprender unha profesión e de adquirir experiencia laboral coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade, en dúas áreas clave para o desenvolvemento socioeconómico da nosa comarca como son a Froitocultura e a Atención Sociosanitaria a persoas Dependentes en Institucións Sociais.

Ambas especialidades formativas contan co certificado de profesionalidade correspondente permitindo acceso ó mercado laboral en sectores demandados, tanto na nosa provincia de Ourense coma na comunidade autónoma de Galicia.