Economía Sostible na Comarca de Verín é un programa organizado pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín coa axuda da Rede Eusumo. Baixo esta marca agrúpanse unha serie de actividades encamiñadas a promover o desenvolvemento da bisbarra através dunha clara aposta pola sostibilidade social, económica e medioambiental.

As próximas actividades a realizar consisten nunha serie de encontros para abordar os cambios que suceden na contorna, comezando por comprender cales son e como poden influirnos. Baixo esta premisa, analizararemos dúas das transformacións recentes que mellor se poden aproveitar: a chegada do AVE e como conseguir clientes do outro lado da fronteira.

Os  encontros serán presenciais, na sede de AEVER (Asociación de Empresarios/as de Verín); gratuitos, xa que están cofinanciados ao 100% pola Mancomunidade de Verín e a Xunta de Galicia, a través da Rede Eusumo e AEVER tamén apoia na súa organización, e participativos xa que abordaremos a análise dun xeito ameno e altamente dinámico. Non son reunións onde ir só a escoitar, se non que as túas opinións e ideas sumarán moito.

Os encontros están abertos a calquera persoa que queira achegar as súas ideas e opinións. Pensamos que pode ser de especial interese para quen xa teña un negocio en marcha, como para quen esté pensando en montar algún a través de fórmulas de economía social ou ande a buscar emprego.

Se estás interesado en inscribirte, podes facelo no seguinte formulario que atoparás na web do proxecto  https://economiasostible.com/