PROGRAMA ES-TRANSFORMA EN COOPERATIVAS OU SOCIEDADES LABORAIS

ORDE do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR802R)

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do programa ES-Transforma, de apoio á transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR802R).

Conceptos subvencionables

1. Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social. Os gastos de rexistro, notaría e os informes legalmente preceptivos para o proceso de transformación.

2. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.

3. Obtención de certificacións de calidade.

4. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.

5. Plan de protección de datos.

6. Equipamento informático.

7. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.

8. Mellora na eficiencia enerxética.

9. Adquisición de equipamento.

10. Reforma do local de negocio.

11. Mobiliario.

12. Elementos de transporte.

Os servizos descritos nos números 1, 2, 3, 4 e 5 deberán estar implantados no período de execución.

Contía das axudas

1. A contía da axuda será equivalente ao 90 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:

• 4.000 € para o gastos incluído no concepto 1 “conceptos subvencionables”.

• 5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 2, 3, 4 e 5 dos “conceptos subvencionables”.

O límite máximo das axudas para os gastos subvencionables especificados no “conceptos subvencionables” establécese en 50.000 € por entidade beneficiaria. No caso de que se solicite unha contía superior, concederase o importe da axuda de acordo coa orde de prelación dos gastos establecida “conceptos subvencionables”.

2. A contía da axuda do número 1 deste artigo poderá incrementarse en 3.000 € por cada unha das condicións que se cumpra das que se sinalan a continuación, cun máximo de 24.000 euros por entidade beneficiaria:

a) 3.000 € no caso de que a sede social da entidade beneficiaria estea situada nun concello rural.

b) 3.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por mulleres.

c) 3.000 € no caso de que na actividade económica da nova entidade beneficiaria as mulleres contratadas nos grupos ocupacionais se encontren subrepresentadas.

d) 3.000 € no caso das entidades que estean formadas maioritariamente por persoas menores de 30 anos na data de solicitude da axuda.

e) 3.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas emigrantes retornadas.

f) 3.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas maiores de 45 anos.

g) 3.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas con discapacidade.

h) 3.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas trans.

3. A axuda total para cada entidade beneficiaria polos conceptos recollidos nos números 1 e 2 deste artigo non poderá exceder os 74.000 euros.

O prazo de presentación rematará o 15 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230531/AnuncioG0656-110523-0001_gl.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR802R&ano=2023&numpub=1&lang=gl