PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN DO COMERCIO
ORDE do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial.
Establécense dúas liñas de axudas:
– Liña destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.
– Liña destinada a asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis.
Actuacións subvencionables
1. Consideraranse actuacións subvencionables a implantación e posta en marcha de:
1.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.
1.1.1. Programa smart retail dirixido á transformación dixital do punto de venda e modelo de negocio, a través das seguintes actuacións:
a) Software de xestión de experiencia da clientela (aplicacións big data e análise de datos).
b) Etiquetado electrónico para lineais de venda.
c) Tecnoloxía de control stocks e tecnoloxía RFID.
d) Xestor de colas automatizado.
e) Sistemas de click and collect e locker dixitais.
f) Probadores interactivos.
g) Software para a xestión loxística do e-commerce.
h) Solucións de ciberseguridade.
i) Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots).
j) Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce).
k) Terminais de autopagamento para a clientela.
1.1.2. Programa visual merchandising dirixido á mellora da experiencia de compra, a través das seguintes actuacións:
a) Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela.
b) Estantes virtuais.
c) Pantallas e mesas interactivas.
d) Tótems publicitarios.
e) Encerados dixitais.
f) Aplicacións de realidade virtual e aumentada.
En todo caso, as actuacións comprendidas nas letras a), b), c), d) e e) deberán situarse no punto de venda e incluír o software para a programación e emisión de contidos dixitais. Consideraranse subvencionables os gastos relativos á elaboración destes contidos.
1.1.3. Programa Green Store dirixido á mellora da eficiencia enerxética do local e dos recursos, a través das seguintes actuacións:
a) Portas automáticas con sensores de proximidade que redunden nunha mellora da eficiencia enerxética no ámbito térmico do local.
b) Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces que melloren e optimicen o consumo de enerxía eléctrica.
c) Sistemas de climatización enerxeticamente eficientes.
1. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.
a) Mupis dixitais, interactivos ou non, de sinalización e promoción das áreas comerciais en espazos públicos.
b) Ferramentas dixitais colaborativas entre os asociados.
c) Sistemas de click and collect e lockers dixitais.
d) Redes wifi nas áreas comerciais.
e) Redución de insumos por parte dos comercios e das persoas consumidoras nos establecementos mediante a implantación de alternativas respectuosas co ambiente.
f) Elaboración e posta en marcha de procesos ecoeficientes para a correcta separación dos residuos e a súa posterior reciclaxe e valoración que inclúan a participación de todos os asociados. Consideraranse subvencionables os gastos relativos á adquisición de elementos para o correcto reciclaxe dos residuos.
g) Proxectos de aplicación de solucións tecnolóxicas conxuntas para mellorar a eficiencia no consumo enerxético que inclúan a participación de todos os asociados.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de xuño de 2023.