AXUDAS Á APICULTURA
ORDE do 19 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).
Finalidade das axudas, contías e límites
1. Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no anexo I do Real decreto 906/2022, do 25 de outubro, e encamiñadas a acadar os obxectivos dos seguintes tipos de intervención:
I) Intervención 1. Servizos de asesoramento, asistencia técnica, formación, información e intercambio de mellores prácticas, en particular mediante actividades de colaboración en redes, para apicultores/as e organizacións de apicultores/as.
A axuda para a contratación de persoal técnico poderá ser de ata o 90 % do seu custo, cunha limitación de 30.000 euros por técnico, e o importe total non poderá ser superior ao valor de 1 euro por colmea rexistrada na correspondente agrupación de apicultores/as. Poderá subvencionarse a contratación de tantos técnicos como sexa necesario, atendendo á duración da contratación e á xornada de traballo establecida en cada contrato, e sempre e cando non se superen os citados límites.
En todo caso, o importe máximo da axuda nesta acción por agrupación de apicultores/as non superará os 60.000 euros.
Organización, celebración e asistencia a cursos de formación e formación continuada, incluíndo a formación en liña, especialmente sobre as materias indicadas no punto anterior, para apicultores/as, persoal técnico e especialista de agrupacións e asociacións de apicultores/as, así como para o persoal de laboratorios apícolas de agrupacións e asociacións de apicultores/as, incluíndo as viaxes para atender cursos de formación in situ.
Poderá subvencionarse ata o 60 % do seu custo.
Medios de divulgación técnica, a través de folletos, catálogos e outras publicacións, así como de soportes audiovisuais e informáticos.
Poderá subvencionarse ata o 90 % do seu custo. Non son subvencionables os gastos de loxística e distribución.
Contratación de persoal administrativo para agrupacións de defensa sanitaria (ADS) apícola e agrupacións de apicultores/as, incluíndo tanto a súa contratación directa como a dos seus servizos especializados a través de terceiros. Máximo unha persoa auxiliar por ADS/agrupación. Esta acción estará supeditada a que se cubran as necesidades financeiras para atender primeiro a acción 1.1.
Poderá subvencionarse ata o 90 % do custo da contratación de 1 persoa como administrativa, cun máximo de 0,5 euros por colmea rexistrada na correspondente agrupación de apicultores/as e sen superar os 15.000 euros por beneficiario.
II) Intervención 2. Investimentos en activos materiais e inmateriais, así como outras accións, incluídas as destinadas a:
Intervención 2.1. Loitar contra os invasores e as enfermidades das colmeas, en particular a varroose.
Tratamentos contra a varroose, autorizados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios, seleccionados e aplicados con base na correspondente prescrición veterinaria (no caso de produtos exentos de prescrición veterinaria, o tratamento aplicarase conforme as indicacións recollidas na ficha técnica do devandito produto), ata un custo máximo de 2,5 €/colmea. O devandito custo será revisado anualmente.
Poderá subvencionarse ata o 90 % do seu custo, e co límite de 18.000 euros para o caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
Tratamentos contra a varroose, autorizados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios que sexan compatibles coa apicultura ecolóxica, seleccionados e aplicados con base na correspondente prescrición veterinaria (no caso de produtos exentos de prescrición veterinaria, o tratamento aplicarase conforme as indicacións recollidas na ficha técnica do devandito produto), para aqueles apicultores/as que produzan de acordo coas condicións que establece o Regulamento 2018/848 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio de 2018, sobre produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos, e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 834/2007 do Consello. O uso de produtos compatibles con apicultura ecolóxica por parte de produtores de apicultura convencional será financiado baixo a acción 2.1.1.
Os tratamentos serán seleccionados e aplicados sobre a base da correspondente prescrición veterinaria. No caso de produtos exentos de prescrición veterinaria, o tratamento aplicarase conforme as indicacións recollidas na ficha técnica de dito produto.
Poderá subvencionarse ata o 100 % do seu custo, cun máximo de 5 euros por colmea que sexa obxecto dalgún tipo de tratamento, e co límite de 18.000 euros para o caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
Produtos para incrementar a vitalidade das colmeas en estados de risco para a supervivencia da colonia, ligados a factores sanitarios e climáticos.
Poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo, co límite de 6 euros por colmea.
Renovación e acondicionamento de cera (incluíndo equipamentos e cámaras de refrixeración para manter en bo estado os cadros de cría).
Poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo, co límite de 5 euros por colmea.
Adquisición de trampas, atraentes, equipamentos de protección individual e calquera outra medida aprobada pola autoridade competente para a captura, eliminación, disuasión e control de Vespa velutina (fondos sanitarios, reixas excluíntes, sistemas de protección mediante redes, etc.), así como para outras especies exóticas invasoras.
Trampas e atraentes.
Poderá subvencionarse ata o 100 % do custo das trampas e do atraente necesario para un período de catro meses, segundo as recomendacións do fabricante, cun límite máximo de 5 euros por trampa, e 12 euros polo atraente que necesita cada trampa.
Equipamentos de protección individual e outras medidas de captura, eliminación, disuasión e control de Vespa velutina e outras especies exóticas invasoras.
Poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo, cun límite máximo de 3 € por colmea.
Sistemas de xestión colectiva de residuos de medicamentos por parte de agrupacións de apicultores/as.
Poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo.
Previr os danos ocasionados por fenómenos climáticos adversos e fomentar o desenvolvemento e a utilización de prácticas de xestión adaptadas a unhas condicións climáticas cambiantes.
Estudos que inclúan exemplos prácticos do manexo e xestión nas explotacións apícolas.
Gastos de investimento en equipamento que permita a adaptación a fenómenos climáticos adversos e condicións climáticas cambiantes na explotación apícola.
Para as dúas accións, poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo.
Repoboar as colmeas na Unión Europea, en particular mediante a cría de abellas.
Investimentos para a cría de raíñas (núcleos de fecundación, incubadoras, material para inseminación artificial de raíñas).
Adquisición de raíñas (tanto fecundadas como sen fecundar) e enxames, de especies e subespecies non alóctonas para reposición de baixas, sempre que se cubran as necesidades financeiras para asistir as solicitudes da acción anterior.
Para ambas as accións poderá subvencionarse ata o 70 % do custo de actuación, cun límite máximo de 5 € por colmea.
Racionalización da transhumancia.
Este tipo de intervención só se aplicará aos apicultores/as transhumantes.
Adquisición, conservación, e mellora da maquinaria e os equipamentos necesarios para a manipulación das colmeas e facilitar a transhumancia.
Poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo.
Investimentos en activos tanxibles e intanxibles.
Na selección de investimentos de este tipo de intervención teranse en conta as particularidades e importancia dos apicultores/as transhumantes.
Acción 1. Investimentos e accións destinadas á mellora da produtividade e do rendemento das colmeas: útiles, equipamentos, sistemas de manexo e cambio de colmeas, sistemas móbiles de extracción do mel e/ou produtos apícolas.
Acción 2. Investimentos para a mellora e acondicionamento de asentamentos, camiños sendas, que inclúan especies florais beneficiosas para a actividade das abellas melíferas e outros polinizadores.
Acción 3. Software e equipamentos para monitorización de colmeas (control do peso, humidade, temperatura interna, son…) xestión de explotacións (rexistro de medicamentos, rexistro de movementos, etc.), incluída electrificación por paneis solares unicamente para dar servizo aos equipamentos descritos no seu caso, e gastos de transmisión de datos.
Acción 4. Cota do seguro de responsabilidade civil das colmeas. Inclúe as cotas do seguro obrigatorio para ser persoa beneficiaria da axuda.
Acción 5. Sistemas de protección, vixilancia antirroubo (incluído sistema de videovixilancia) ou de xeolocalización das colmeas.
Acción 26. Equipamentos de envasado e etiquetaxe e equipamentos destinados a mellorar a calidade, o uso e a comercialización do mel, pole, cera e própole.
Para todas as accións poderán subvencionarse ata o 80 % do seu custo. No caso da acción 4 aplícase, ademais, un límite de 0,5 euros por colmea asegurada.
III) Intervención 3. Actuacións para prestar axuda aos laboratorios na análise de produtos apícolas, a perda de abellas ou as caídas na produtividade, e de substancias potencialmente tóxicas para as abellas.
Para todas as accións da intervención 3 poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo.
IV) Intervención 6. Promoción, comunicación e comercialización, incluídas accións e actividades de vixilancia do mercado destinadas, en particular, a sensibilizar os consumidores sobre a calidade dos produtos apícolas.
Este tipo de intervención só poderá ser solicitado por parte de agrupacións de apicultores/as de máis de 40.000 colmeas que leven a cabo actuacións de comercialización.
Para todas as accións da intervención 6 poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo.
V) Intervención 7. Actuacións para aumentar a calidade dos produtos.
Este tipo de intervención só poderá ser solicitado por parte de agrupacións de apicultores/as de máis de 40.000 colmeas que leven a cabo actuacións de comercialización.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de xuño de 2023.