PROGRAMA EMPRENDOU
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas do Programa EmprendOu, aquelas que, a partir do 8 de Xaneiro de 2019, inicien actividades empresariais ou profesionais por conta propia cumprindo cas seguintes características á data de alta:
Os concellos pertencentes ó ámbito de actuación non poden formar parte dunha “gran área urbana”, das delimitadas no Atlas Estatístico das Áreas Urbanas de España do Ministerio de Fomento.
A subvención do Programa EmprendOu será dunha contía mensual equivalente ó 75% do Salario Mínimo Interprofesional, o que significa 712,50 euros ó mes.
O importe da axuda do Programa EmprendOu será do 75% do SMI (Salario Mínimo Interprofesional) con periodicidade mensual durante o período de subvencionalidade
que será o tempo ininterrompido que transcorra, con actividade económica efectiva, expresado en meses, entre a data que conste na alta como traballador por conta propia nalgún réxime especial da seguridade social ou mutualidade colexial profesional como exercente, a data que se recolla na concesión da subvención, con un máximo de 12 meses por beneficiario/a, sendo o periodo mínimo esixible 6 meses.