AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO
ORDE do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020, 2021, 2022 e 2023 (código de procedemento BS403C).
Accións e gastos subvencionables
Sempre que o custo elixible do investimento que se subvenciona supere as contías establecidas na normativa de contratación do sector público vixente no momento de realización do gasto para o contrato menor de obras ou de subministracións segundo a tipoloxía do gasto de que se trate, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de distintos provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a obra ou entrega do ben. A elección dunha das ofertas fundamentarase sempre en criterios de aforro.
Non será necesario acreditar as tres ofertas no caso de que polas especiais características dos gastos que se subvencionan non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan ou presten, debendo a persoa beneficiaria neste suposto prestar declaración expresa motivada en tal sentido.
Beneficiarias
1º. Técnico/a superior en Educación Infantil.
2º. Grao en Mestre/a de Educación Infantil/Educación Primaria.
3º. Grao en Pedagoxía, Psicoloxía ou Educación Social.
4º. Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.
5º. Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís, ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.
1º. Sistema de calefacción que cubra todas as estancias dedicadas ao desenvolvemento da iniciativa e conte coa protección dos elementos calefactores precisa para evitar as queimaduras por contacto, os atrapamentos ou outros riscos para a integridade das e dos menores.
2º. Unha sala con iluminación e ventilación naturais directas e un mínimo de 20 metros cadrados, distribuída e organizada con criterios de flexibilidade para dar resposta ás distintas necesidades das nenas e nenos de 0-3 anos.
3º. Dúas zonas, unha para o descanso e outra para a hixiene infantil. A zona de descanso e, se for o caso, o mesado cambiador poderán estar integrados na sala principal.
4º. Unha zona para a preparación, almacenamento e conservación de alimentos dotada, cando menos, dun mesado, frigorífico, vertedoiro e microondas.
5º. Elementos de protección: enchufes de seguridade infantil sempre que se sitúen por debaixo de 1,5 metros, protectores de dedos nas dúas caras das portas, seguros de ventás, barreira de seguridade con porta en zonas con diferentes alturas ou escaleiras e extintor/es para a protección contra incendios.
6º. Un mobiliario e equipamento básico para a atención das nenas e nenos que incluirá como mínimo: cambiador de cueiros, berces, sabas, mantas, colchóns, contedor de cueiros, ouriñais, tronas, hamacas, adaptadores de inodoro e materiais didácticos e de xogo axeitados para as idades dos nenos e nenas e con marcado CE.
En todo caso o mobiliario deberá ter bordes romos ou protectores que os cubran para que careza de arestas. Así mesmo, na sala e na zona de descanso, no suposto de estar nunha estancia separada, os materiais dos solos e das paredes ata unha altura de 1,5 metros deberán ser cálidos, lisos, non porosos, facilmente lavables e aptos para a súa desinfección. Na sala deberá crearse unha superficie continua e antideslizante, axeitada para gatear.
As estancias e zonas anteriormente citadas deben estar situadas nun único andar. No caso de tratarse dun inmoble non destinado a vivenda, este deberá estar, ademais, en planta baixa.
O prazo presentación de solicitudes remata o 18 de marzo de 2020.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200218/AnuncioG0425-271219-0004_gl.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS403C&ano=2020&numpub=1&lang=gl