Este Proxecto consiste na concesión dunha subvención de 675 euros ó mes (cun mínimo de 6 meses e un máximo de 12 meses), para novos proxectos empresariais e de autoemprego de xóvenes entre 16 e 30 anos, en concellos rurais de menor poboación, financiado polo programa operativo de emprego xuvenil do fondo social europeo (Axudas EMP-POEJ).
Os requisitos para poder ser beneficiarios de esta axuda son:
As persoas físicas que, a partir do 8 de xaneiro de 2019, desenvolvan actividades empresariais ou profesionais por conta propia nalgún dos municipios que figura no anexo I das bases.
Atoparse inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de garantía Xuvenil.
Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da unión europea ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou de Suíza.
Estar dado de alta como residente no padrón dos concellos elixibles.
Non ter traballado, nin recibido accións educativas ou formativas no día natural anterior ao inicio da actividade económica.
Estar dado de alta na Seguridade Social en calquera réxime para o exercicio de actividades por conta propia, ou como exercinte nunha mutualide colexial.
Estar dado de alta para a actividade subvencionada no municipio elixible no censo de empresarios. Para máis información (achega de documentos, publicidade, obrigas das persoas beneficiarias, pagamento e xustificación da subvención e compatibilidade con outras axudas e subvencións públicas) consulte a páxina do programa https://www.emprendou.com,
Hai un técnico do Programa a túa disposición en sesións individuais para asesorar ós técnicos do teu concello no proceso de creación da túa empresa e a solicitude de axudas mensuais do Programa EmprendOu no seguinte enlace https://www.emprendou.com/asesor ou no teléfono 988317762.