ES-POP UP. Muestra de Economía Social
A Secretaría Xeral de Emprego ven de lanzar aconvocatoria da primeira edición de ES-POP UP, un programa de impulso de proxectos de economía social mediante a creación de «pop ups» ou espazos comerciais efémeros. A través deste programa os proxectos participantes poderán avaliar, medir ou testar dun xeito máis eficiente, cunha experiencia real de mercado, os seus produtos ou servizos así como o seu modelo de negocio.
Esta primeira edición desenvolverase en Ourense os días 13, 14 e 15 de xuño, pero os proxectos participantes recibirán formación e titorización individualizada antes, durante e despois da actividade.
O prazo estará aberto ata o 31 de maio, e seleccionaranse 8 proxectos participantes. Podedes atopar máis información en http://www.espopup.com