O convenio firmado entre a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e MicroBank facilitará o acceso á financiación de emprendedores para a posta en marcha de novos negocios, coa finalidade de crear emprego na comarca de Verín.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, José Luís Suárez Martínez, reuniuse onte co director de Área de Negocio de CaixaBank en Galicia Oriental, Fernando Garza, para asinar un convenio de colaboración que facilite a financiación de proxectos empresariais a través de microcréditos. Coa sinatura deste acordo establécese unha liña de financiación de 1 millón de euros. Os beneficiarios serán tanto persoas físicas como microempresas.
Os solicitantes poderán acceder a microcréditos de ate 25.000 euros, podendo acceder persoas carentes de avales. Tódolos proxectos deberán contar cun plan de empresa e un informe de viabilidade elaborado en conxunto coa Mancomunidade e respaldado pola Cámara de Comercio de Verín.
En virtude deste convenio, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín comprométese a detectar as necesidades e oportunidades de emprego da nosa comarca e a apoiar ós veciños no acceso a novas oportunidades e o desenvolvemento profesional.